Mensaje de la asociación Wagneriana de Galicia

la Asociación Wagneriana de Galicia reclama que pueda mantenerse la ópera de Richard Wagner “El holandés errante”, prevista para los días 9 y 11 de junio. Este es su comunicado:

Desde 1907 os wagnerianos da Coruña e galegos, levamos a aguardar unha representazón de R. Wagner nesta cidade. Perante o xa tácito perigo de non ver representado o anunciado título nesta Tempada Lírica 2015-16, do Drama musical “O Holandés Errante” (primeira obra que engaiolou a creadores da talla de Emilia Pardo Bazán ou Víctor Armesto, entre outros…), lamentamos desde a nosa asociazón wagneriana coruñesa, dita falta de sensibilidade e prestíxio que conleva o non levar a cabo metas tan significativas como a mentada, así como unha falta de respeto ao fiel público amante da lírica que ano trás ano ven demostrando esta centenária afizón coruñesa á Ópera.

Para os esforzos que fosen precisos e para acadar o obxectivo final de ver continuada una Tempada e Festival operístico e lírico, apostamos desde un punto de vista estritamente musical e dramático, por unha maior colaborazón e continuidade desinteresada de todos os amantes da lírica galega para poder asi facer notar a forza da cultura, sendo esta notória nestes momentos de dificuldade financeira e de ilusión artística.

Aguardemos que a altura de miras dos responsábeis desta nosa Tempada Lírica de recoñecido prestíxio Internacional, gañado a pulso nas última décadas, poda continuar en ascenso, sempre engadindo a Wagner nos programas e versións concertos integrais como era xa habitual, e onde o público da nosa cidade demostrou veterania e entendimento cara a obra do mestre saxón, enchendo concertos e salas ali onde este era interpretado. Era o tempo, pois, de continuar nese difícil camiño, para que finalmente o Barco fantasma do Holandés, acabe pensado atracar no noso peirao da Dársena e non llo poñamos difícil, mesmo sabemos que durante un tempo determinado é-lle obrigado atracar para namorar á Senta que lle aguarda nun norai da Coruña.

Todo o noso esforzó polo tanto,  será e é, desde hai 35 anos, para ver que dentro dunha Tempada Lírica de elevado nível Internacional, viva e refulxente, exista un elenco de títulos e intérpretes que desde a nosa Terra, aloumiñen unha Europa e España mais alta de horizontes, perspectivas e intereses, non só económicos, senon tamén de beleza, canto e dignidade cultural. Unha aperta e saúdos de ilusión e temperanza, voso,

        Coruña, 2 Febreiro 2016

Presidente D. Enrique Marchesi Herce e toda a Asociazón Wagneriana da Galiza / Asociación Wagneriana de Galicia / Wagnerian Association of Galicia.

3114 visitas totales 1 visto hoy
Compartelo en
468 ad