A ópera “El Barbero de Sevilla” chega este sábado á Coruña
Publicado o 15/09/2016 12:32
O barítono galego Borja Quiza, quen participa na ópera, achéganos máis sobre a obra mestra de Rossini
Este ano conmemórase en todo o mundo a estrea dunha das óperas máis queridas e coñecidas polo público: ‘El barbero de Sevilla’, considerada para moitos a obra maestra de Rossini. Agora, dous séculos despois de que fose representada por vez primeira no Teatro Argentina de Roma, chega á Coruña, este próximo sábado, no marco da programación Lírica da cidade. Hoxe acompañános unha das persoas encargadas de escenificar e darlle vida a esta ópera: o barítono galego Borja Quiza.
2500 visitas totales 1 visto hoy